Artigos desta sección
Músicos e afeccionados, cada vez máis preto e grazas á Rede
O sector musical móvese, xunto co propio mercado. A música está viva e pensar que vai chegar á súa fin porque as discográficas viven unha crise significaría crer que son unha mesma cousa (industria e música, grandes superficies comerciais e alimentos, museos e arte). As cancións respiran e sempre existirán mentres haxa quen as escriba ó carón de quen queira (...)
Ler máisGalegoelogo.com: iniciativa da Xunta para levar a lingua a onde xa non se emprega
Se non coidamos a lingua, ninguén a vai coidar por nós. Non é este o lema da campaña posta en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pero ben podería selo. A fin de contas, as linguas están vivas e, coma os seres vivos, corren o risco de esmorecer e extinguirse. A situación é ben complicada: apenas se fala galego nas grandes cidades, a mocidade opta (...)
Ler máisA fundación Curros Enríquez permite as consultas en liña dos seus fondos
A posta en funcionamento da biblioteca na Casa dos Poetas xa é posible grazas a Internet. Dende esta semana, a consulta dos fondos adquiridos ó longo do pasado ano está ó noso alcance a través da páxina web da fundación: www.currosenriquez.es, que liga directamente coa rede de bibliotecas de Galicia da Consellería de Cultura. O dito fondo bibliográfico está (...)
Ler máisDispáranse as vendas de música dixital en 2006
Ó longo do pasado 2006 as descargas legais de música ó computador e ós teléfonos móbiles medraron un 10% a escala mundial, e xeraron arredor dos 2.000 millóns de dólares en beneficios de ventas; case o dobre que no 2005. Segundo datos publicados pola Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI) en Europa, a taxa de crecemento estancouse no 6% debido (...)
Ler máisA Forxa: obradoiro galego de software libre para particulares, empresas, universidades e institucións
A plataforma mancomun.org, posta en marcha pola Consellería de Innovación e a comunidade de desenvolvedores e usuarios de software libre de Galiza, vén de presentar unha nova sección na web encamiñada a potenciar –precisamente– o espírito deste tipo de programas na nosa terra e conseguir un obradoiro de traballo coas “portas” abertas para axentes, empresas, (...)
Ler máisA publicidade en liña daralle as costas ás grandes redes sociais, segundo un estudo
Moito se fala nas últimas semanas do éxito de redes sociais e servizos participativos como YouTube ou MySpace e, sen embargo, o sector da publicidade semella a piques de darlles as costas a estes espazos, se cadra por estar decote no centro da polémica (YouTube vén de armar unha boa na India co vídeo do striptease de Ghandi). Así, segundo indica a compañía (...)
Ler máisA debate as conclusións do Foro sobre Comunicación e Discapacidades
O Observatorio dos Medios vén de facer públicas as conclusións acadadas no Foro sobre Comunicación e Discapacidades, que tivo lugar entre o 6 de novembro e o 16 de decembro do pasado ano, co fin de comentalas (e modificalas se é preciso) antes da súa publicación definitiva a finais de xaneiro na mesma web. Cómpre subliñar que este debate segue a ser aberto, (...)
Ler máisBlusens afonda en Santiago nas orixes e nas razóns do seu éxito
O éxito de Blusens (cualificado de “milagre” pola Facultade de Económicas da USC) é en si mesmo un manual de autoaxuda para futuros empresarios. A súa é unha historia de ruído, no mellor sentido do termo. Explicámonos: mentres a meirande parte das firmas que asisten ás feiras tecnolóxicas fican nun recollido silencio, agardando algo que nunca acontece, que é (...)
Ler máisO operador galego R pecha 2006 cun aumento dos beneficios do 219% con respecto ás cifras do ano anterior
Como cada ano, o operador galego R olla cara a atrás e fai reconto do acadado, tanto no que se refire a facturación e beneficios como no que atinxe ó grao de cobertura da súa rede de fibra óptica en Galiza. A presentación dos datos perante os medios informativos celebrouse este mércores na sede de R na rúa Real da Coruña, e todo indica que existen razóns para o (...)
Ler máisA USC premia ós estudantes que se matricularon por Internet
Tres computadores portátiles, vinte teléfonos móbiles e outras tantas matrículas de balde foron os premios sorteados entre os estudantes que neste curso académico optaron por matricularse na Universidade de Santiago a través de Internet. Concretamente, a través da web Xescampus, medio encamiñado a formalizar as relacións administrativas entre o estudantado e a (...)
Ler máis0 | ... | 41980 | 41990 | 42000 | 42010 | 42020 | 42030 | 42040 | 42050 | 42060 | ... | 42560