Artigos desta sección
Día sen móbiles: en protesta contra a subida de prezos
Tal e como apuntan estes días a gran maioría dos medios de comunicación en liña, os profesionais da saúde están a alertar do abuso dos móbiles e de Internet entre os mozos españois. Isto, ademais de supoñer un grave problema para a saúde pública, achega un gasto excesivo para as familias, que desembolsan grandes cantidades de cartos nas facturas desorbitadas dos (...)
Ler máisComputing premia a Caixanova pola renovación da súa web (que segue sen ofrecer versión en galego)
O portal web e a intranet de Caixanova veñen de recibir o Premio Computing España 2007 na categoría de E-business. Os motivos deste recoñecemento, segundo apunta o semanario que fai entrega do galardón, teñen que ver sobre todo coa renovación da entidade financeira na Internet e da potenciación da intrenet, “que favorece as comunicacións cos empregados”. O (...)
Ler máisPuntoGal suma e segue: máis de 1.700 sinaturas particulares e o apoio de Política Lingüística
A Asociación PuntoGal segue adiante e con forza. Por unha banda, vén de recibir o “pleno apoio” da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se comprometeu a axudar á plataforma no seu interese por facer chegar as súas propostas ós centros de estudos galegos do exterior dependentes do departamento. Para Política Lingüística, “a existencia deste dominio servirá (...)
Ler máisA web de Xuventude Galiza Net comeza a achegar información sobre a súa nova edición
Xuventude Galiza Net xa anda a emitir certos sinais de actividade. Concretamente, dende o seu espazo web, onde se nos está a achegar información básica sobre a vindeira convocatoria, a que comeza o 30 de marzo e remata o 1 de abril deste ano, unha vez máis no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago. A xuntanza internauta, organizada pola Dirección Xeral (...)
Ler máisAs universidades galegas contarán cunha plataforma común e aberta de educación a distancia
A educación superior en Galiza semella que non vai ficar á marxe dos obxectivos do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). De feito, as universidades galegas van estar no punto de mira dunha das primeiras iniciativas que abrangue o Plan: desenvolver un sistema de formación a distancia para as tres institucións educativas superiores da (...)
Ler máisProfesionais da tecnoloxía defenden en Tecnópole as vantaxes de colaborar co mercado asiático
O sector tecnolóxico galego ten moitas posibilidades de crecemento se establece alianzas co exterior, sobre todo co mercado asiático, achegando cada un deles diferentes elos da cadea produtiva (Oriente, máis que nada, labores de fabricación propiamente dita e Galiza deseño, imaxe de marca ou distribución). Esta foi unha das grandes conclusións ás que chegaron (...)
Ler máisO gasto das familias nas novas tecnoloxías incrementouse nun 8% en 2006
Temos novos datos sobre a suposta boa sintonía das familias do estado coas novas canles do coñecemento, desta vez da man do Observatorio das Telecomunicacións e a Sociedade da Información e a doceava edición do estudo As TIC nos fogares españois. Un dos datos máis salientables do estudo refírese ó incremento no gasto deste tipo de servizos: 2.808 millóns de (...)
Ler máisA Fox, contraYouTube por difundir vídeos inéditos de dúas das súas series
Tal e como moitos internautas puideron comprobar os días pasados, até un total de catro capítulos da nova tempada da serie de televisión 24 (protagonizada por Kefer Sutherland), apareceron no portal de YouTube antes de que foran retransmitidos pola propia televisión, o que fixo que a Fox se alporizase de xeito notorio. Ademais, un subscritor que emprega o (...)
Ler máisChina pon a proba móbiles de cuarta xeración, 50 veces máis rápidos cós de terceira
Sempre insistiremos neste punto: na velocidade de coche tuneado coa que se anova a tecnoloxía. Por exemplo, aínda hai moitos usuarios de telefonía móbil que non saben que é un terminal de terceira xeración (3G), e xa están en China facendo probas coa seguinte quenda de teléfonos, os 4G. Estes novos aparellos, desenvolvidos ó cen por cen naquel país, permiten (...)
Ler máisPolítica Lingüística distribúe o tradutor Es-Gl en 136 puntos da Administración española en Galiza
A Secretaría Xeral de Política Lingüística quere facilitar nas sedes da Administración española en Galiza o traballo de trasladar a nosa lingua ó castelán, e viceversa. Dito doutro xeito: quere galeguizalas. Con esta finalidade, vén de distribuír o sistema tradutor castelán-galego Es-GL nun total de 136 sedes de institucións públicas do Estado, como son a (...)
Ler máis0 | ... | 41950 | 41960 | 41970 | 41980 | 41990 | 42000 | 42010 | 42020 | 42030 | ... | 42560