Artigos desta sección
Os plans urbanísticos dos concellos poderán ser consultados na Rede
A administración electrónica vai dando bandazos en España e Galiza, e moitas veces perante a indiferenza de moitos de nós, os cidadáns, que seguimos coa teima de pensar que facelo todo a man (os trámites, neste caso) é máis seguro ca un proceso en liña. No senso de cambiar na medida do posible a situación, o Ministerio de Industria vén de asinar un acordo coa (...)
Ler máisPresidencia habilita unha conexión de alta velocidade coa administración estatal co fin de axilizar o fluxo de datos
Máis trámites administrativos que se poden facer a distancia e de xeito rápido, máis axilidade no traballo e, sobre todo, mellor comunicación entre unhas institucións e outras. Unha administración electrónica ben engraxada podería ceibarnos ós cidadáns de moitas esperas e desprazamentos e, asemade, aforrarlle custos e tarefas ós gobernos. A chave é, coma en case (...)
Ler máisA Asociación de Deseñadores Galegos abre web
A Asociación de Deseñadores Galegos (DAG) vén de presentar a súa face na Web, unha páxina encamiñada a converterse nun obradoiro de traballo e, sobre todo, nun escaparate virtual onde os membros do colectivo contarán con novas oportunidades de amosar as súas propostas ó mundo e que engadir ás xa existentes. O servizo, que ofrece contidos en castelán e en galego (...)
Ler máisIBM velará polo óptimo rendemento da plataforma tecnolóxica de Caixanova
Caixanova quere reforzar no posible todo o que estea relacionado coas novas tecnoloxías no eido da propia entidade financeira: tanto de cara á xestión interna coma no que se refire ós servizos nas redes ós seus clientes. Nesta liña é na que se sitúa o contrato asinado este luns 5 de febreiro con IBM en Vigo: na liña de ampliar as capacidades informáticas da (...)
Ler máisKomunikando pon en marcha o seu programa de televisión na Rede
Komunikando, web galega de música independente e non cofinanciada, vén de poñer en marcha un servizo de información e lecer que ben podería constituír o primeiro programa galego en liña da historia (así polo menos vén definido polos pais da criatura). Esta canle, que abrolla directamente da necesidade de erguer novos lugares (e a Rede é un lugar tan bo coma (...)
Ler máisA marca iPhone xa estaba collida en España
O novo e revolucionario aparello de Apple, o iPhone (móbil, reprodutor multimedia e cámara dixital e computador portátil nun único dispositivo) segue a saír nos medios de comunicación, mais non sempre polos motivos que máis agradarían á casa fabricante, que son so motivos de calquera pai ou nai coa súa criatura. Así, temos que falar de novo do iPhone porque a súa (...)
Ler máisA revista Computing premia ó CESGA polo proxecto do supercomputador Finis Terrrae, que podería estar en marcha a finais de ano
Os Premios Computing 2007 están a traer boas novas para a nosa terra. Se onte informabamos do recoñecemento a Caixanova pola renovación das súas web e intranet, hoxe toca falar doutra iniciativa que nos toca de preto: o superordenador Finis Terrae que vai albergar o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Este macroproxecto, que podería estar activo a (...)
Ler máisO 12 por cento dos mozos españois son adictos ó móbil
Nos últimos anos estamos a ser testemuñas dun gran cambio no xeito de comunicárense dos adolescentes. É igual que vaiamos a un instituto de secundaria, ó cine, no autobús ou nada máis que dando unha volta pola rúa; comprobaremos que sempre hai varios mozos “colgados” ós seus móbiles formando parte da paisaxe cotiá, ben falando entre eles con xergas estrañas e (...)
Ler máisAs empresas de telefonía seguen a apostar por Linux a través da LiMo Foundation
Linux e o software libre en xeral son unha realidade para unha boa parte dos usuarios do mundo de novas ferramentas tecnolóxicas, mais tamén para as empresas que empregan o seu tempo en atopar xeitos de abaratar custos e/ou de facer as cousas máis rápido. Neste grupo de empresas, as de telefonía móbil están entre as que fan máis ruído, sobre todo a través do (...)
Ler máisÓs xogadores de apostas en liña pódelles máis a diversión cós cartos, segundo un estudo
Os estudos sociolóxicos que se publican a cotío nos medios en liña son un mundo aparte. Moitos deles, mesmo os que veñen dalgunha institución, teñen motivacións comerciais. Outros só tratan honestamente de poñerche perante os ollos unha realidade e hai (tamén) unha boa parte deles que só van encamiñados a amolarche o día. O estudo recentemente presentado pola (...)
Ler máis0 | ... | 41940 | 41950 | 41960 | 41970 | 41980 | 41990 | 42000 | 42010 | 42020 | ... | 42560