Artigos desta sección
Aestradadixital inaugura unha rede sen fíos que cubre a totalidade do concello
Dotar ós concellos galegos de acceso á Rede con certo nivel de capacidade e a un prezo razoable pode ser unha boa ocasión para: 1º Paliar no posible o despoboamento de todo aquel anaco de Galiza que non pertence á costa ou a unha gran cidade (unha parte dos traballos do sector servizos pódense levar a cabo coa axuda dun teléfono e conexión á Internet). 2º (...)
Ler máisA Generalitat pídelle a Apple que inclúa o catalán nos seus programas
En Cataluña tamén andan a desbastar pedra con empresas tecnolóxicas que, en maior ou menor medida, discriminan a súa lingua (e, na meirande parte dos casos, tamén a nosa). Un exemplo disto é a petición de versión catalá para os produtos da multinacional Apple que vén de facer a Secretaría de Política Lingüística da Generalitat. A reclamación vén de lonxe, polo que (...)
Ler máisA Academia Galega do Audiovisual pecha as candidaturas dos premios Mestre Mateo 2006
Esta fin de semana, a Academia Galega do Audiovisual pechou a listaxe definitiva de candidaturas ós premios Mestre Mateo 2006. Nesta edición, presentáronse un 55 por cento máis de empresas ca na do pasado ano e, asemade, incrementouse o número de producións achegadas nun 26 por cento. A maioría das produtoras que optan ós premios (un 79 por cento) proceden da (...)
Ler máisA Asociación de Internautas alerta dun intento de fraude en liña co reclamo do INE
Internet non é que sexa o paraíso para os afeccionados ó fraude. En realidade, non é tarefa complicada andar cun pouco de tino e non deixarse engaiolar por estampiñas, propostas de axudas ou iniciativas empresariais, milagrosas pírulas para o sexo ou sistemas innovadores para alongar o pene. Como na vida real, hai que andar con tento. E coma na vida real, hai (...)
Ler máisMicrosoft e o inminente (xa) Windows Vista, perante o mundo
Que Microsoft é máis ca unha empresa está máis ou menos claro dende hai tempo. A fin de contas, simboliza un xeito de entender a informática que poderíamos entender como tradicional (o software pechado), perante novas correntes que, moi posiblemente no futuro atoparán novas ideas e propostas que as substitúan (a historia tecnolóxica é unha roda que xira tan (...)
Ler máisYouTube estuda compartir ingresos cos internautas que acheguen vídeos
Agora que ó carón das grandes redes sociais semella cernerse unha sombra con feitura de burbulla que medra e medra, unha destas grandes comunidades en liña e, se cadra, a de máis sona na actualidade (en parte por diferentes casos de polémica), vén de sinalar que en breve abrirá a man para compatir algúns beneficios cos usuarios que máis teñan contribuído ó (...)
Ler máisNoruega declara ilegal o servizo de descargas iTunes
Tras moitos avisos e advertencias, a tenda de Apple iTunes foi declarada ilegal en Noruega por vender “de xeito ilegal” contidos incompatibles cos dispositivos doutras compañías, segundo indica a xustiza daquel país. Polo visto, as cancións baixadas no iTunes, malia seren pagadas polos usuarios, só funcionan nos reprodutores do mesmo nome e nos dispositivos (...)
Ler máisXorde unha empresa galega especializada en tecnoloxía RFID (a substituta do código de barras)
O código de barras está en crise, vivindo o que se podería chamar a súa recta final. Acabouse o ter que facer adiviñanzas na fileira do supermercado sobre cal será o artigo que se lle atravese á caixeira e non ceibe perante o lector o que leva nas entrañas do código? Posiblemente. E é probable que no caso de existir unha tecnoloxía que é quen de substituír as (...)
Ler máisO Goberno di que 1.638 poboacións rurais galegas xa teñen acceso a banda ampla dende o inicio do seu Programa de Extensión
O Goberno español vén de facer reconto en Santiago de todo o acadado en materia de asegurar nas poboacións rurais un dereito fundamental dos cidadáns: o de ter as ferramentas precisas (ben engraxadas e eficaces) para acceder á Sociedade da Información. Como era de agardar, a mensaxe ten un aquel de visión positiva das cousas, polo que aconsellamos que a (...)
Ler máisUnha nova web galega ofrece vivendas de baixo custo
Dous veciños do barrio de Meixonfrío, en Santiago de Compostela, os irmáns Miguel e Uxío Gómez, veñen de pór en marcha un portal de vivendas de baixo custo en Internet.Ó igual que as modernas compañías aéreas que nos levan ó estranxeiro por catro pesos, a web casasderebajas.com pretende pornos perante os ollos ofertas de inmobles da capital galega e doutras (...)
Ler máis0 | ... | 41960 | 41970 | 41980 | 41990 | 42000 | 42010 | 42020 | 42030 | 42040 | ... | 42560