Artigos desta sección
YouTube podería ser censurado (tamén) na India por albergar un vídeo que parodia a Gandhi
Unha vez máis, o portal de vídeos en liña YouTube está no punto de mira de colectivos ou individuos particularmente ofendidos. Nesta ocasión, temos practicamente todo un país aldraxado, e non un país calquera en número de habitantes: a India. Así, YouTube corre o risco xa de ser bloqueado en breve polas autoridades daquel país por achegar ós usuarios imaxes non (...)
Ler máisO CMG deu comezo ó seu curso de balde sobre vídeo na Rede
O Centro Multimedia de Galicia segue cos seus obradorios tecnolóxicos de balde. Neste intre, dende este 15 de xaneiro e até o 8 de febreiro, está a organizar unha actividade que vai encamiñada a formar en novas linguaxes, plataformas e feituras ós creadores galegos de obras audiovisuais: o curso de vídeo na Rede. Esta iniciativa de formación, que está (...)
Ler máisO Concello de Vigo puxo en marcha un servizo de recollida de material tecnolóxico e electrodomésticos
Tendo en conta o ritmo ó que cambiamos de teléfono móbil, equipo informático ou reprodutor de DVD, máis tarde ou máis cedo vannos asaltar as seguintes dúbidas: que pasa con todo o lixo tecnolóxico que xeramos? Cara a onde vai dar? Estase a facer algo dende as administracións? A esta última pregunta, a xulgar polo que vemos nos medios de comunicación e pola (...)
Ler máisO 63% dos españois descoñece para que serve o DNI electrónico
O DNI electrónico, esa tecnoloxía que nos identifica xa e que foi expedido a 160.000 cidadáns dende a súa posta en marcha o pasado 16 de marzo en Burgos, resulta na gran maioría dos fogares do estado español tan pouco “identificable” coma podería selo a equipaxe dun habitante doutro planeta. Algo non se fixo ben, cando o 63% das persoas enquisadas a través dun (...)
Ler máisOs internautas galegos pídenlle a Caixanova unha versión en galego da súa web
As entidades financeiras galegas dan unha de cal e outra de area no que o emprego da nosa lingua (a dos habitantes que son a fin de contas os seus principais clientes). Caixa Galicia ofrece unha importante listaxe de contidos web en galego, pero non os aplica a unha boa parte dos procesos de compra en liña de entradas (incluídos os nomes das rúas das (...)
Ler máisNova convocatoria na Web para repartir apertas de balde na Coruña
Este era o reclamo que figuraba nun cartel que baixaba hai uns días polo Preguntoiro de Compostela: “Ofrécese mozo agarimoso”. Debaixo do cartel, carrexándoo, tres ou catro rapaces de idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos, seguindo o seu camiño sen máis, coma se o cartaz fose simplemente unha pequena variación do vestiario ou do peiteado. O caso é que (...)
Ler máisA comunidade internauta busca alternativas ó iPhone de Apple (mentres estre non chega)
Trala presentación do iPhone de Apple a pasada semana, son moitos os que devecen por telo nas mans e poucos os elixidos que tiveron a sorte de probalo. Este todo en un da firma da mazá non chegará ó noso mercado (para desgraza dos seareiros) até ben entrado o cuarto trimestre do ano, e o seu prezo roldará os 500 ou 600 euros, unha cifra que vainos deixar a (...)
Ler máisA USC premia catro propostas empresariais destinadas a mellorar a nosa calidade de vida
Para convertérmonos en empresarios innovadores, ademais de teimosía, cómpre poñer ben en xogo outro valor que é, por así dicilo, o combustible de calquera iniciativa no mercado: a creatividade. Este ingrediente, amais dunha vontade de mellorar no posible a nosa calidade de vida, semella atoparse en boas cantidades nas propostas gañadoras da sétima edición do (...)
Ler máisComunicación e mocidade, a debate na Rede a partir deste luns 15 de xaneiro
A relación da mocidade cos medios de comunicación de masas foi un tema moi recorrido ó longo de todo 2006. Acabado de estrear 2007, o Observatorio dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CXPG) quere reabrir o debate e fai un chamamento a toda a cidadanía galega para participar no foro internacional sobre Comunicación e Xuventude que (...)
Ler máisOs cadernos virtuais galegos bulen na carreira polos Premios20Blogs
Unha de dúas: ou os galegos de verdade estamos a cambiar (valorando máis o noso) ou é que estivo os días pasados por estas terras un organizador dos Premios20Blogs de 20 Minutos convencéndonos a todos de presentarnos a este certame. Toda esta enleada vén a conto pola abrumadora presenza de cadernos virtuais galegos na listaxe dos máis votados para a categoría (...)
Ler máis0 | ... | 42000 | 42010 | 42020 | 42030 | 42040 | 42050 | 42060 | 42070 | 42080 | ... | 42560