Google Meet para corporacións inclúe cancelación de ruído dende móbiles
martes, 29 de setembro do 2020
As xuntanzas a través de Google Meet incorporaron
hai uns meses na súa versión web tecnoloxía de cancelación de ruído que agora
chega ás versións móbiles do servizo, de xeito que os usuarios poden
activar esta opción que elimina o son que pode resultar molesto para as
comunicacións en vídeo, como o rebumbio que hai ao redor dos interlocutores ou
sons como a pulsación de teclas que poden distraer a atención.
Esta prestación está a distribuírse esta semana entre os usuarios de G Suite
Enterprise e G Suite Enterprise for Education, ou sexa, para os usuarios de
licenzas corporativas dos servizos de Google, mentres que as versións básicas
de G Suite non contan con esta atractiva prestación.