iGoogle disfrázase de videoxogo
xoves, 26 de marzo do 2009
Co gallo da Game
Developers Convention, a xente de Google presentou unha serie de temas para personalizar a web
de iGoogle baseados en videoxogos coma The Legend of Zelda, Tomb
Raider, Super Mario Bros, The Sims 3 ou World of Warcraft, o que servirÃa para reflectir mellor os gustos e
intereses de moitos usuarios desta páxina web.
Entre os deseños que estrean non
faltan os hadouken de Street Fighter, o icónico Mega Man ou o Guitar Hero, de xeito que case todos os xéneros de éxito teñen un
curruncho na páxina a medida que
permite deseñar Google para os seus usuarios.
Podemos botar un ollo aos novos temas no seguinte vÃdeo: