O servizo Vodafone Hogar 5G dispara as súas subscricións

mércores, 7 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Aínda que poderiamos pensar que a banda larga está presente nos fogares principalmente a través de fibra óptica, hai moitos consumidores que non teñen esa sorte, e teñen que empregar tecnoloxías alternativas, o que Vodafone soubo aproveitar en abril coa súa campaña Tengo el power na que daba conta das posibilidades de empregar a banda larga móbil para conectar os fogares, e o resultado parece ter sido un grande éxito, xa que aseguran que o servizo Vodafone Hogar 5G multiplicou por 5 as súas vendas entre marzo e maio.
Se ben podemos entender que a divulgación desta modalidade de conexión puido ser unha parte deste éxito, hai outros elementos como a mobilidade que tamén poden resultar atractivos (o router 5G pode trasladarse sen problema a unha segunda vivenda ou a unha residencia de vacacións).
O obxectivo de Vodafone é conseguir ter 100.000 clientes de banda larga fixa mediata 4G/5G en marzo de 2024.

PUBLICIDADE