O CITIC recibe a visita da Universidade Senior da UDC

mércores, 7 de xuño do 2023 S. P.

O CITIC recibiu este luns 5 de xuño a visita dun grupo de alumnos e alumnas da Universidade Senior da UDC, o programa universitario de maiores da Universidade da Coruña dirixido a persoas de idade igual ou superior a 50 anos.
O alumnado visitou as instalacións do CITIC da man do seu subdirector, Javier Pereira. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do centro, o grupo visitou o Demostrador Tecnolóxico do centro onde puideron coñecer algúns proxectos do ámbito da robótica.
Posteriormente, o grupo dirixiuse ao laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se mostrou o funcionamento do OptiTrack, sistema de captura de movementos baseado en cámaras, e un guindastre de pórtico que calcula o posicionamento exacto de obxectos en interiores.

PUBLICIDADE