O CITIC da UDC acolle un encontro europeo sobre tecnoloxÃas ao servizo da inclusión
martes, 3 de decembro do 2024
Desenvolver solucións innovadoras que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade é un dos obxectivos clave do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, que inauguraba onte luns 2 de decembro (e que se prolongará até o mércores 4) un hackaton europeo que reunirá a equipos de traballo multidisciplinarios para tratar este tema.
Organizado polo CITIC da Universidade da Coruña co apoio da Confederación Española de Persoas con Discapacidade FÃsica e Orgánica (COCEMFE), este evento conta coa participación de entidades internacionais como Vilniaus Kolegija (Lituania), Creative District (Bélxica) e Technicka Univerzita vKosiciach (Eslovaquia), amais de autonómicas como a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE Coruña).
Indo ao encontro, os participantes traballarán en equipo para abordar desafÃos prácticos relacionados coas necesidades cotiás das persoas con discapacidade. Estes retos, identificados polas propias persoas con discapacidade en colaboración cos socios europeos e as entidades colaboradoras, inclúen a creación de ferramentas e dispositivos que promovan a independencia e a inclusión, como adaptacións para persoas usuarias de cadeiras de rodas, un abrelatas multifuncional que poida manexarse cun só brazo, e solucións tecnolóxicas que melloren a accesibilidade.
A salientar atopamos o deseño dun dispositivo que permita regular a temperatura en dÃas calorosos para persoas en cadeiras de rodas, asà como un lector de cartas para xogos de mesa dirixido a persoas con baixa visión. Asemade, presentaranse propostas de software compatÃbeis con lectores de pantalla e alternativas para previr a atrofia muscular en brazos e mans.
O hackaton do CITIC forma parte do proxecto Erasmus+ Design2Freedom, coordinado por COCEMFE, persegue promover a accesibilidade e a inclusión de persoas con discapacidade mediante o uso de tecnoloxÃas. Nas actividades previas do proxecto, como as xornadas formativas celebradas en Madrid, o Grupo TALIONIS da UDC compartiu a súa experiencia en áreas como impresión 3D, software de comunicación e ferramentas para a creación de contidos dixitais accesÃbeis.