Artigos desta sección
O Firefox 2.0 chegará cunha festa internacional
O inminente lanzamento do Firefox 2.0 levou á Fundación Mozilla a suxerir a organización dunha festa internacional que se celebrará o vindeiro 27 de outubro. As festas son de asistencia gratuíta (podendo os interesados apuntarse nas webs dos respectivos eventos) e incluso está xa programada unha na vila de As Pontes, da man da Asociación Informática (...)
Ler máisA poxa dun dominio de Internet chama ó debate sobre os dominios internacionais
A casa de poxas a través da Internet, eBay, tivo estes días un curioso produto a subhasta: un dominio de Internet que asemellaba o de MySpace, valéndose para tal dunha grafía cirílica. Así, муѕрасе.com era o dominio que se estaba a vender, e a un prezo bastante económico (as poxas andaban polos 300 dólares) e podería servir principalmente para facer páxinas de broma (...)
Ler máisLiveScience habilita un estudo sobre suposicións convertidas en mitos científicos (e viceversa)
O costume e a teimosía poden converter suposicións e ideas máis ou menos peregrinas en dogmas de fe, e viceversa. Unha resposta ocorrente no lugar axeitado (un bar cheo de xornalistas?) e no intre axeitado (os xornalistas están a piques de volver á redacción e teñen que levarlle algún tema candente ó seu xefe?) e o que doutro xeito parecería unha parvada acaba (...)
Ler máisA Universidade de Granada desenvolve un sistema móbil para facilitar a comunicación dos nenos autistas
As tecnoloxías da información non nos aseguran por si soas máis posibilidades de diálogo cos restantes membros da especie humana, e en moitos casos chegan a impedilo por un mal emprego (parellas sentadas nun café nunha mesma mesa falando por cadanseu móbil a quilómetros de distancia).Sexa como sexa, hai que recoñecer que hai ocasións en que se opera a milagre e (...)
Ler máisReporteiros Sen Fronteiras protesta contra o control informativo do Goberno cubano en Internet
Os Gobernos de Cuba e China, tan afastados eles, e no que se refire a cuestións coma Internet coinciden ás veces camiñando polos mesmos carreiros da censura e o control, e se cadra sen sospeitalo (e a Estados Unidos tamén lle chega, como puidemos ver hai días co caso da nena investigada por dicir cousas feas de George Bush nun foro de Internet).O caso é que (...)
Ler máisINEO organiza este luns 23 unha xornada sobre as novas oportunidades de negocio que pode achegar o DNI dixital
O DNI dixital, malia que xa se comezou a expedir hai meses, segue a ser un misterio nos petos e nas carteiras de moitos cidadáns e empresas, sobre todo no que se refire ás súas posibilidades (corremos o risco de quedármonos na superficie).Co fin de botar un pouco de luz sobre esta cuestión, sobre todo no que se refire ó eido dos negocios, a Asociación (...)
Ler máisA Dirección Xeral de I+D e Tecnópole habilitarán en Ourense un centro de investigación en enerxías limpas e un viveiro de empresas biotecnolóxicas
A Dirección Xeral de I+D porá a marcha en Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia, Ourense) un centro de experimentación en enerxías renovables e un viveiro de empresas bitotecnolóxica. Ámbalas iniciativas levarán consigo un orzamento de 4,5 millóns de euros: un millón para o dito centro e 3,5 para a incubadora.Segundo anunciou este venres 20 o director xeral do (...)
Ler máisA Coruña terá un Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía
A avenida coruñesa de Labañou acollerá no edificio Prisma de Cristal o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía, asinándose hoxe para tal fin un protocolo na casa consistorial sita na Praza de María Pita, nun acto no que o alcalde herculino, Javier Losada, se xuntará co secretario de Estado de Universidades, Miguel Ángel Quintanilla, e o presidente da (...)
Ler máisKeane estreará single nunha memoria USB
O grupo británico Keane estreará o seu novo sinxelo nun formato revolucionario: unha memoria USB de 512 Mb.Así 1.500 seguidores de Keane no Reino Unido poderán mercar Nothing in my way (do disco Under the iron sea) por 3,99 libras (5,95 euros) nun estoxo do tamaño dunha caixa de CD estándar pero que no seu interior incorporará a curiosa memoria USB, que tamén (...)
Ler máisAs eleccións catalás inspiran un xogo na web
A política catalá unha nova cara, a humorística, pois La Factoria D’Imatges preparou un xogo en Flash que se pode xogar na Internet na que aparecen caricaturas dos candidatos á presidencia de Cataluña.O xogo, el joc de la cadira, está inspirado nas cadeiras musicais permitindo establecer pactos políticos (configurados polos usuarios) para chegar ó Goberno, (...)
Ler máis0 | ... | 42360 | 42370 | 42380 | 42390 | 42400 | 42410 | 42420 | 42430 | 42440 | ... | 42520