Artigos desta sección
Nova versión de proba do Skype 3.0
Os usuarios do programa Skype para Windows poden instalar xa unha versión de proba do Skype 3.0, que inclúe moitas novidades que serán realmente agradecidas xa que, aparte de corrixir fallos e mellorar prestacións anteriormente presentes, tamén se producen innovacións.
Ler máisPropoñen a creación dunha entidade de xestión de exencións do canon dos CD e DVD
O SIMO serviu como punto de encontro para debater sobre o canon dixital nunha mesa redonda na que participaron Enrique Dans (Instituto de Empresa), Víctor Domingo (Asociación de Internautas), Javier Pagés (Asociación de Ingenieros en Informática), Miguel Pérez (Asociación de Usuarios de Internet) e Miguel Errasti (ANEI), que pediron alternativas ó sistema (...)
Ler máisTecnocom integra o Centro de Control de Tráfico do Cebreiro
Tecnocom, a empresa española que incorporou no seu equipo ás galegas Softgal e Softgal Gestión, é a responsable da integración dunha infraestrutura de control de tráfico na autovía A-6 ó seu paso en Pedrafita do Cebreiro, na provincia de Lugo. O proxecto, que foi adxudicado por Telvent e SICE por un custo de 129.000 euros, está encamiñado a facilitar a achega (...)
Ler máisO ITG enche o mes de novembro con tres cursos sobre novas tecnoloxías para as empresas
O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) segue adiante con actividades de formación relacionadas coas vantaxes (moitas) da Sociedade do Coñecemento nas empresas: meirande competitividade, meirande promoción, máis rapidez e eficacia na xestión. É aí onde se insiren os tres cursos sobre novas tecnoloxías da información preparados por ITG para este mes de novembro. (...)
Ler máisArquitecturagalega.net: suma e segue achegando claves para construír hoxe ollando (ben) cara ó pasado
Arquitecturagalega.net, un proxecto web que é unha homenaxe a tódolos bos froitos que deu a tradición construtora da nosa terra, segue adiante na súa andaina (ou teima) reivindicativa, da man do noso colaborador Xavier Feixoo, que entre promover os valores do Concello de Sandiás e presentar alternativas de lecer vencelladas á Rede (coma o tour irmandiño (...)
Ler máisA Cidade Perdida: un proxecto web e audiovisual para que o Vigo do pasado siga en pe
Internet é coma o sitio onde imos facer preguntas e onde agardamos que alguén nos conteste, logo de deixalas aí para que (quen sabe) xermolen ou reverdezan e vixiándoas de cando en vez e coa esperanza de atopar claves para unha sociedade máis xusta. Da longa listaxe de causas máis ou menos perdidas polas que pelexamos perante a pantalla, hai algunhas que nos (...)
Ler máisNace un portal deportivo galego con cabida para o minoritario
Ós 100 millóns de sitios que xa existían en Internet, agora debemos engadirlle polo menos un máis, xa que vén de ver a luz o servizo Mañá en Xogo, cualificado polos seus creadores como “o primeiro xornal deportivo en Galicia” e que pretende dar a coñecer a actualidade deportiva galega do que vai acontecer mañá e non do que xa sucedeu, contrariamente ó resto da (...)
Ler máisA chegada de Windows Vista podería provocar unha baixada do precio dos ordenadores de cara ó Nadal
Mercar un ordenador novo de cara o Nadal normalmente non é unha boa idea xa que os problemas de provisión en épocas de grande demanda poden provocar demoras na entrega do equipo e mesmo subas no prezo dos compoñentes, mentres que agardar ás rebaixas de xaneiro tamén resulta ridículo, xa que ese concepto non existe na informática de consumo (os prezos están en (...)
Ler máisOs blogueiros tómanlle o pulso á noite electoral norteamericana
A pasada noite foi moi movida nos EE.UU. co gallo das eleccións lexislativas, pero este ano contaron cuns observadores de excepción: os blogueiros. Precisamente a explosión do fenómeno dos blogs na política é un tema recorrente nos últimos anos, e nos EE.UU. se fai notar moito máis que no resto do mundo, pero se para algo serven estes medios é para facer (...)
Ler máisYa.com adiante no SIMO o que será a súa televisión por ADSL
Ya.com, a filial española de T-Online (Deutsche Telekom), presentará durante o SIMO o que será o seu servizo de televisión por ADSL que integrará programas, contidos e servizos interactivos.Para o lanzamento desta nova solución multimedia, Ya.com conta coa colaboración de Multicanal (empresa responsable de canles coma Xtreme Sports, Canal Cocina, Canal (...)
Ler máis0 | ... | 42280 | 42290 | 42300 | 42310 | 42320 | 42330 | 42340 | 42350 | 42360 | ... | 42560