Artigos desta sección
Voar por todo o mundo dende unha simple web en Flash
Flash Earth permite a consulta de servizos de mapas e fotografías aéreas dende a web (sen precisar da instalación de aplicacións no noso equipo) polo que podemos voar por todo o mundo accedendo ós mapas de Yahoo!, Ask.com, OpenLayers, a NASA, Microsoft Virtual Earth e Google Maps, sendo estes últimos os máis detallados para Europa, converténdose nunha solución (...)
Ler máisUnha moza faise cun portátil novo vendendo publicidade no mesmo
Un británico publicou unha web na que vendía píxeles a un dólar cada un, de xeito que xuntou preto dun millón de dólares (a réplica galega non acadou tal éxito), un estudante estadounidense ofreceu a súa fronte para amosar publicidade, e agora unha programadora informática chamada Leah Culver buscou un curioso xeito de financiar a adquisición do seu novo (...)
Ler máisOs portátiles para os nenos de países en vías de desenvolvemento xa se poden probar grazas á emulación do seu sistema operativo
Os portátiles do proxecto OLPC, coñecidos coma XO, e promovidos por Nicholas Negroponte, están no punto de mira de medio mundo, ó pretender ser unha solución económica (finalmente custarán 140 dólares) para levar equipos informáticos a nenos de países en vías de desenvolvemento, e agora están de actualidade xa que na Internet amosaron a súa interface de uso e (...)
Ler máisGoogle supera os 500 dólares por acción
Os últimos ventos parecen soprar a favor de Google, que esta semana superou os 500 dólares por acción na Bolsa, o que supón un crecemento espectacular xa que en 2004 as accións do buscador parían duns modestos 85 dólares.Esta mellora no mercado estaría provocada pola confianza dos investidores en que a compañía dominará o mercado de venda de espazo publicitario (...)
Ler máisUn manifesto expón as necesidades de Yahoo! de cara a unha reestruturación
Brad Garlinghouse, vicepresidente de Yahoo!, vén de provocar un revulsivo na súa empresa coa publicación do Peanut Butter Manifesto (Manifesto da Manteiga de Cacahuete) no Wall Street Journal e que expón as redundancias en moitos postos de traballo da compañía e a falta de liderado e dunha estratexia “única e coherente”, polo que compara a estratexia de (...)
Ler máisA FEMP presenta en Lugo un servizo encamiñado a velar polas boas prácticas na instalación de telefonía móbil
Dende hai máis de tres anos, un bo número de concellos manteñen un tirapuxa coas operadoras de telefonía móbil no que se refire á instalación de antenas para este servizo. No medio atópase unha dobre demanda cidadá: por unha banda esíxense cada vez mellores servizos e cobertura de telefonía, mentres que, pola outra, pídese máis control nas condicións técnicas e (...)
Ler máisO primeiro robot contratado en Xapón traballa de recepcionista
Coma se dun prestixioso futbolista chegado da liga inglesa se tratase, o robot Yuriko é portada estes días nos medios de comunicación polo prezo que se pagou por el. Até 160.000 euros tivo que desembolsar a empresa xaponesa Ubix por este recepcionista de aspecto tan pouco depurado.Desenvolvido pola empresa Practical Robotic Solutions, Yuriko traballa agora (...)
Ler máisA EGAP estrea nova web, máis “funcional e atrativa”
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) conta dende o día 8 de novembro cun novo portal web cualificado polo propio centro como “máis funcional e sinxelo” e que vai encamiñado ademais a responder ás dúbidas de calquera usuario do xeito máis doado e rápido có anterior.Dende egap.xunta.es, a EGAP incorpora novas funcionalidades como a presentación telemática (...)
Ler máisThree achega a Rede ós seus móbiles
A compañía británica Three lanzará unha serie de servizos agrupados baixo o nome 3 X-Series, que achega ó móbil unha serie de servizos máis propios dun ordenador coma son o Skype, o Microsoft Messenger, o acceso á televisión Sling, acceso remoto ó ordenador, descargas directas de podcasts, o servizo de poxas de eBay, os servizos de Yahoo! Go e navegación a través (...)
Ler máisXa está na Rede a gala de A polo ghit
A Banda Potemkin, A banda da Señorita e Tomasa, os Guezos ou Rumborrachera son algúns dos artistas que, na procura do éxito, botáronse de cheo a participar en A polo ghit, concurso convocado por Vieiros e a Radio Galega para elixir a canción do verán e no que resultou vencedor o músico coruñés Pulpiño Viascón, coa canción In the ocean. O regueifeiro, a través do (...)
Ler máis0 | ... | 42210 | 42220 | 42230 | 42240 | 42250 | 42260 | 42270 | 42280 | 42290 | ... | 42550