Artigos desta sección
O xornal máis antigo do mundo deixa de editarse en papel e só se poderá consultar na Rede
Ano novo, vida nova?... Non sempre; o xornal sueco Post Och Inrikes Tidningar, que dende 1645 podía presumir de ser o máis antigo do mundo, deixa de ser editado en papel coincidindo coa entrada do ano, para ir acorde cos novos tempos e facerse visible só a través de Internet. Tal e como viña anunciando a publicación na súa páxina web, dende o 1 de xaneiro de (...)
Ler máisO Concello de Pontevedra convida ós grafistas a participar na creación Fondo Documental do Deseño Galego
Os internautas galegos vinculados ó deseño e á comunicación social teñen moitas opcións estes días de atopar nas súas contas de correo electrónico unha tarxeta virtual que os convide a participar no Fondo Documental do Deseño Galego, unha proposta do Concello de Pontevedra enmarcada no programa Interreg II. Esta iniciativa, se cadra unha das máis salientables (...)
Ler máisCVexplorer.com: novo servizo para ofrecer o noso talento e disposición laboral en Internet
Os mercados de traballo están dende hai tempo en Internet, por se alguén aínda non se decatou. Todo comezou coas ocupacións máis estreitamente cinguidas ás novas tecnoloxías da información e agora nin sequera fican á marxe os sectores da construción ou do transporte. Até certo punto, non deixa de ter certa lóxica que poñamos anuncios de traballo alí onde hai máis (...)
Ler máisO Club Financeiro de Vigo e Ineo organizan xuntanzas para favorecer a cooperación no sector TIC galego
Engraxar a maquinaria dos encontros entre empresas do sector das novas tecnoloxías de Galiza ou vinculadas á nosa terra. Este é o principal obxectivo do proxecto de colaboración que veñen de presentar Ineo e o Foro da Sociedade da Información do Club Financeiro de Vigo (CFV) e que leva por nome Encontra TIC. Máis polo miúdo, a iniciativa (que se está a (...)
Ler máisA galega Blusens presentará na CES de Las Vegas o reprodutor mp3 con tecnoloxía Wi-Fi
A empresa galega Blusens segue (e seguirá) a colleitar éxitos no mercado internacional das novas tecnoloxías da información vinculadas ó lecer, e todo iso dende unha cidade (Santiago) situada –en teoría– lonxe dos despachos onde supostamente se toman as grandes decisións na era da Sociedade do Coñecemento. Referímonos á nova que vén de publicar A Voz onde se (...)
Ler máisUnha web amosa a noite coruñesa en imaxes
A web marchaenlacalle.com recompila fotografías de persoas de marcha en A Coruña, o Burgo e Santa Cristina, de xeito que se converte nun punto de referente da movida nocturna coruñesa. A páxina, que vén de cumprir un ano de vida, está dirixida por Rocío Bardón, quen asegura que xa conta con 170.000 instantáneas ás que chama “flashes da noite” (aínda que nas (...)
Ler máisOs videoxogos poderían ter efectos psicolóxicos positivos
Os videoxogos poden non ser só un elemento do lecer dos mozos, senón que poderían satisfacer certas necesidades dos usuarios a nivel psicolóxico segundo un estudio realizado pola Universidade de Rochester (New York, EE.UU.) e un grupo de investigadores de Immersyve Inc. Os investigadores afirman que os usuarios de videoxogos non se vían atraídos ós mesmos (...)
Ler máisSamsung desenvolveu un chip de memoria de 1 Gb para dispositivos portátiles
O incremento das capacidades de almacenamento de datos non cesa, e agora Samsung desenvolveu un novo chip de memoria DRAM de 1 Gb, sendo o primeiro deste tipo en empregar tecnoloxía de 80 nm que se comezará a comercializar no segundo trimestre de 2007.
Ler máisPiden a Yoigo que fale galego
A Ciberirmandade da Fala iniciou unha campaña na que denuncia que o novo operador de telefonía móbil, Yoigo, ignora o galego mentres ofrece servizos tanto en español coma en catalán, euskera e mesmo inglés e insta ós potenciais usuarios da compañía a que remitan unha mensaxe por correo electrónico á nova empresa (a través dun formulario na súa web) de xeito que (...)
Ler máisXa se pode visitar virtualmente a residencia do Primeiro Ministro británico
Os primeiros ministros británicos residen historicamente no número 10 da rúa Downing, que é xa un dos edificios máis emblemáticos do Reino Unido, que agora se abre un pouco máis á Internet dende a súa páxina web, que permite facer unha visita virtual a varias das habitacións máis importantes. Así, o visitante virtual pode explorar a entrada da residencia de Tony (...)
Ler máis0 | ... | 42050 | 42060 | 42070 | 42080 | 42090 | 42100 | 42110 | 42120 | 42130 | ... | 42560