Artigos desta sección
TikTok Lite suspende o seu programa de recompensas
Tras o anuncio da Comisión Europea da apertura dun procedemento formal contra TikTok en virtude da Lei de Servizos Dixitais tras o lanzamento dun programa de recompensas dentro de TikTok Lite sen ter comunicado anteriormente un informe de avaliación de riscos, e en cumprimento das ordes da Comisión (aínda que asegurando que fan tal voluntariamente) (...)
Ler máisAquitamensefala.com espallouse xa por 200 centros educativos da xeografía galega
A campaña Aquí Tamén Se Fala (#aquítaménsefala) chegou a este mes de abril recibindo novas adhesións e apoios que sumar a unha xa de por si completa listaxe de seareiras/os, entre os que se contan persoeiros internacionais como o actor Viggo Mortensen, o pianista James Rhodes, o trío Tanxugueiras ou a cantante Amaia. O máis recente apoio da campaña é o do IES (...)
Ler máisA Xunta apoia os festivais audiovisuais e de novos contidos con 300.000 euros
A Xunta, a través da Axencia Galega das Industriais Culturais, publicou a resolución da convocatoria de axudas autonómicas aos festivais audiovisuais, unha convocatoria que tamén podemos ver no Portal da Lingua de Política Lingüística e a través da cal distribúense 300.000 euros entre 10 eventos do sector, algúns deles, como o Carballo Interplay, especialmente (...)
Ler máisX/Twitter prepara aplicación para televisores
De X/Twitter seguen a asegurar que a súa aposta polo vídeo é firme (pese a ser a plataforma social con peor calidade de vídeo) e para proxectar confianza neste ámbito a súa directora xeral, Linda Yaccarino, anuncia que están a preparar unha aplicación para televisor chamada X TV, que facilitará o goce de contidos audiovisuais en pantalla (...)
Ler máisO CESGA e o CiTIUS acollen este 25 de abril o Día das Rapazas nas TIC
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza o Día Internacional das Rapazas nas TIC 2024 (International Girls in ICT Day) co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Secretaría Xeral da Igualdade e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). Esta duodécima edición, o evento, destinado a (...)
Ler máisEn marcha un proxecto tecnolóxico para combater a LGBTIfobia apoiado pola Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña vén de achegar o seu apoio a un proxecto audiovisual e educativo contra a LGBTIfobia cuxo núcleo central é a divulgación e a sensibilización a través das redes, de feito inclúe un vídeo de animación en galego para as novas xeracións e, tamén, unha unidade didáctica e obradoiros interactivos en centros educativos para promover a diversidade e a (...)
Ler máisO Campus de Pontevedra acolleu unha xornada sobre o impacto da IA na industria creativa
Os efectos da Intelixencia Artificial nas industrias creativas foron o eixe central da mesa de debate desenvolvida este martes 23 de abril na sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (UVigo), no marco da programación da Semana da Creatividade 2024. Baixo o título de Diálogos entre IA e creatividade, esta xornada abriuse cun relatorio do director de (...)
Ler máisA Deputación da Coruña logra os obxectivos de ciberseguridade establecidos no ENS
O informe que vén de elaborar o Consello de Contas para verificar o estado da seguridade informática da Deputación Provincial da Coruña acada un resultado positivo. Deste xeito, a Deputación da Coruña acada os obxectivos de ciberseguridade establecidos polo Esquema Nacional de Seguridade (ENS), de obrigado cumprimento para todos os entes (...)
Ler máisA entrada do poeta Francisco Añón incorpórase ao Álbum de Galicia, que chega ás 115 entradas
Xurxo Martínez González vén de achegar unha nova entrada á enciclopedia web de persoas galegas Álbum de Galicia, impulsada polo Consello da Cultura de Galicia. Trátase da sección adicada a un dos grandes autores do Rexurdimento: Francisco Añón.
Ler máisCristina Aranda fixo no CITIC unha proclama pola IA inclusiva e xusta
Na tarde deste 23 de abril celebrouse no CITIC o cuarto obradoiro do ciclo HumanIA da Universidade da Coruña, programa formativo organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDC en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC). A consultora de tecnoloxía, análise de datos, Intelixencia (...)
Ler máis0 | ... | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | ... | 42540