Microsoft presenta a súa aposta pola IA e os procesadores ARM: os Copilot+ PC
luns, 20 de maio do 2024
O campus de Microsoft en Redmond acolleu hoxe un evento especial para presentar una nova categorÃa de ordenadores con Windows para tirar un maior proveito da intelixencia artificial, os Copilot+ PC, que destacan pola súa integración de novos procesadores capaces de superar os 40 billóns de operacións por segundo, ofrecer unha grnade autonomÃa e tirar proveito dos modelos de IA máis avanzados.
Os Copilot+ PC permiten facer cousas que non serÃan posible desenvolver de xeito fluÃdo noutro ordenador, como empregar a nova función Recordar (Recall) para atopar e lembrar todo o que se viu no ordenador, xerar e editar imaxes con IA case en tempo real directamente no dispositivo usando Cocreator ou traducir audio dende máis de 40 idiomas para superar as barreiras lingüÃsticas con SubtÃtulos en directo.
Estes novos equipos chegarán ao mercado a partir do 18 de xuño e non só pertencerán á familia Surface de Microsoft, senón que tamén contarán con modelos moi atractivos de fabricantes como Acer, Asus, Dell, HP, Lenovo e Samsung.
Estes novos equipos adoptan unha arquitectura de sistema nova, unindo a potencia de CPU, GPU e NPU, sendo esta última unidade de procesamento neuronal de alto rendemento a peza clave para poder conseguir un grande desempeño en funcións de IA, conseguindo asà non só máis potencia, senón tamén maior eficiencia.
Podemos entender que esta presentación de Microsoft é a resposta aos ordenadores con tecnoloxÃa Apple Silicon, pois agora os equipos con Windows 11 tamén apostan decididamente por procesadores con arquitectura ARM (concretamente os Qualcomm Snapdragon X Elite e X Plus), para o que contan xa con numerosas aplicacións optimizadas (estiman que as aplicacións que empregamos o 87% do tempo xa contan con versións nativas para ARM).
Cómpre salientar que no caso de Microsoft o uso de procesadores ARM non pecha a porta a tarxetas gráficas nVIDIA GeForce RTX ou AMD Radeon, polo que os creadores de contidos e os afeccionados aos videoxogos poderán contar no futuro cunha oferta de equipos propia do PC en contrate co que acontece cos ordenadores de Apple (que non permite o uso de gráficas dedicadas tras o salto a Apple Silicon).
VÃdeo promocional dos novos Copilot+ PC
Novos Surface Laptop e Surface Pro
O primeiro ordenador portátil de Microsoft que podemos considerar un Copilot+ PC serÃa o Surface Laptop, que chega con pantalla táctil de 13,8/15 polgadas, un peso de 1,34/1,66 quilos, cámara mellorada con IA, son de alta calidade, un panel táctil háptico e unha autonomÃa de até 20/22 horas de reprodución de vÃdeo, partindo o seu prezo de 1.199/1.549 euros.
Pola súa banda, en formato 2 en 1, temos o novo Surface Pro, cunha pantalla táctil de 13 polgadas OLED ou LCD HDR, un peso de 895 gramos, unha autonomÃa de até 14 horas de reprodución de vÃdeo e un prezo que parte dos 1.199 euros para o modelo con pantalla LCD e procesador Snapdragon X Plus, mentres que a versión con pantalla OLED e procesador Snapdragon X Elite partirÃa dos 1.799 euros.
Deste xeito Microsoft ofrecerÃa experiencias moi semellantes en formatos orientados a distintos perfÃs de usuario, con necesidades de mobilidade diferentes.
VÃdeo de presentación dos novos Copilot+ PC