Inforhouse renova o seu acordo comercial de partner de Lenovo

luns, 8 de abril do 2024 S. P.

A empresa galega Inforhouse confirmou este mes de abril que vai proseguir a súa colaboración co fabricante chinés de tecnoloxías Lenovo, de quen é partner de referencia.
En concreto, ao abeiro deste marco de colaboración actualizáronse os niveis de partner, tanto para a gama de produtos destinados aos postos de traballo, como á infraestrutura central, “obtendo altas valoracións en ambos casos o que implica contar cun equipo cualificado en base aos requisitos do fabricante, tanto a nivel técnico como comercial”, sinalaron fontes de Inforhouse.
Inforhouse é unha empresa con sede en Santiago centrada en ofrecer servizos avanzados de informática e novas ferramentas dende unha perspectiva de servizos xerais. Destaca tamén por achegar a empresas, entidades, institucións, corporacións, administracións e usuarios en xeral as solucións máis innovadoras en materia de Intelixencia Artificial.

PUBLICIDADE