Gmail deixará de permitir consultar servizos de e-mail externos a través de POP3
venres, 23 de xaneiro do 2026

- Actualmente Gmail permite consultar correos externos a través de POP3
O papel relevante que xoga Gmail entre os servizos de correo electrónico está a axitarse, xa que o servizo de correo electrónico de Google desactivará dúas das súas funcións máis importantes este mesmo mes. Falamos de Gmailify (que permite gozar de funcións especiais como a protección contra o correo lixo en contas de correo de terceiros) e a posibilidade de consultar o correo de outras contas de correo a través de POP3.
A eliminación desta última función é a máis preocupante, pois para os usuarios que centralizan as súas diferentes contas de correo electrónico nun único lugar supón todo un atranco que Gmail non facilite esta función a nivel de servizo.
O que si permite Gmail é a lectura de contas de correo de terceiros a través do protocolo IMAP na súa aplicación móbil, o que dista moito da solución actual.
Como principal solución ao cesamento das consultas de contas de correo externas a través de POP3 propoñen a activación de reenvÃos automáticos dende os provedores de correo externos.
