As nosas pemes e grandes empresas superan a media estatal no uso da IA
mércores, 7 de xuño do 2023
O
Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de
Galicia (OSIMGA), dependente da axencia autonómica AMTEGA, presentou
un novo estudo que pon o foco na presenza das ferramentas dixitais
avanzadas no tecido produtivo da nosa terra. Nel achéganse datos moi
destacados, como o feito de que as pemes e as grandes empresas
galegas superen a media estatal no uso da Intelixencia Artificial. En
concreto, as empresas de 10 ou máis persoas empregadas están tres
puntos por enriba do 14,8% do conxunto do Estado. A porcentaxe de
microempresas galegas que aplica esta tecnoloxía sitúase no 4,6%,
unha cifra idéntica á da media española.
Na
investigación tamén se fai saber que as solucións de IA máis
empregadas nas pemes e grandes empresas son as relativas á
automatización de fluxos de traballos e toma de decisións, así
como a conversión da linguaxe falada en formato lexíbel por unha
máquina. Nas empresas de menos de 10 persoas empregadas sobresae o
seu uso para converter a linguaxe falada en formato lexíbel por unha
máquina.
Son
datos recollidos no informe Galicia.
A economía en dixital. A Sociedade da Información nas Empresas de
Galicia, correspondente ao ano 2022.
O
informe sinala tamén a evolución positiva no uso de Big Data,
tanto as empresas de máis de 10 persoas empregadas como nas
microempresas, que acadaron un 11,4% (2 puntos máis que o ano
anterior) e un 3,7%, respectivamente.
O
uso de robots por parte das empresas galegas xa ten valores próximos
ao 8%, dato similar ás media estatal. Das grandes empresas que
utilizan robots, máis do 85% son robots industriais e arredor dun
terzo son robots de servizo.
Tamén
se fai saber que o 20% das empresas galegas de 10 ou máis persoas
empregadas contratan especialistas TIC fronte á media estatal que se
sitúa no 17%. No caso das microempresas, a súa presenza é moito
menor (1,3%), “pero en termos similares aos valores que rexistra o
resto do Estado, que é dun 1,2%”, explícase no informe,
salientándose o medre rexistrado na proporción de mulleres
especialistas TIC nas empresas galegas: “O 55,4% das empresas
galegas de 10 ou máis persoas empregadas que contan con perfís TIC
emprega mulleres para estes postos, o que supón un crecemento
relativo do 5,9%”, sinálase. No caso das microempresas, a
contratación de mulleres especialistas TIC acada o 47% fronte ao
41,7% do ano 2021, rexistrando un incremento do 12,7% e máis do 100%
en dous anos.
Respecto
da ciberseguridade, o 52% das microempresas utiliza algún tipo de
sistema de protección e, nas grandes empresas, supérase o 88%.
No
que atinxe á presenza en Internet, en 2022 un 79,5% das empresas
galegas de 10 ou máis persoas empregados tiñan web propia fronte ao
77,9% da media estatal. No caso das microempresas a porcentaxe
sitúase no 31%, en valores similares á media estatal (31,8%).
Polo
que respecta ao uso de redes sociais estas estabilízase, cambiando a
tendencia ascendente dos anos anteriores e situándose nun 36,5% nas
empresas de 0 a 9 traballadores e nun 61,2% nas empresas de 10 ou
máis traballadores.
No
eido do ecommerce, as cifras de vendas por esta vía
mantéñense en porcentaxes moi similares ás do ano anterior. O
cambio máis destacable é o aumento nun 36% de microempresas que
venden por internet.
En
termos de conectividade, no informe dise que “ao igual que se ven
observando nos últimos anos, a contratación da Internet no 2022
acada a práctica totalidade das empresas de 10 ou máis persoas
empregadas e nas microempresas, sitúase no 80,3%”.
Respecto
á velocidade contratada, as empresas de 10 ou máis traballadores
con conexións de 100Mbs ou máis sitúase no 71% e as micorempresas
acadan o 57,7%.
Oinforme
recolle o gasto total en TIC das empresas galegas durante o 2022 que
superou os 373 millóns de euros. As microempresas destinaron o seu
maior orzamento TIC ao gasto en software estándar ou a medida e bens
ou servizos TIC mentres o gasto principal das pemes e grandes
empresas foi o gasto en servizos e consultas tecnolóxicas.